|
2. Comité Coordinador:
-
O Comité Coordinador está constituído por membros de AGAPEMA.
-
En cada zona constituirase un Comité encargado de orientar a Fase
de Centro e organizar a Fase de Zona.
-
O Comité Coordinador ten entre as súas funcións nomear o xurado
da Fase Final Galega.
-
Se en algunha zona hai non número moi baixo de participantes, o
Comité Coordinador poderá suprimila como lugar de realización de
exame. Se é o caso, avisarase aos posibles afectados, indicándolles en
que zona poden participar.
3. Fases da Olimpíada: A XI
Olimpíada constará de tres fases
3.1 Fase de Centro: Esta fase ten
lugar en cada Centro que debe poñer en marcha, entre o seu alumnado,
todo o proceso de adestramento na Resolución de Problemas tanto a nivel
individual como colectivo e, ao remate do mesmo, enviar á Fase de Zona
como máximo dous representantes por cada grupo de 2º da ESO (en casos
excepcionais debidamente xustificados, a organización podrá permitir a
presentación de máis de dous alumnos dunha mesma aula).
3.2 Fase de Zona: Cada Centro
participará no lugar que designe a organización en función do número
de participantes, procurando que os desprazamentos sexan o máis
reducidos posible.
-
Terá lugar o xoves, día 30 de abril, ás 10:30 h en tódalas
sedes (sempre que haxa un número mínimo de 5 centros inscritos na sede
correspondente, no caso contrario indicaráselles a zona pola que poden
participar). O lugar comunicaráselles oportunamente aos centros
participantes.
-
A proba consistirá na resolución individual de CINCO problemas,
os mesmos en tódalas zonas. Na valoración dos problemas primará o
método de resolución empregado, a súa orixinalidade, etc, por
enriba da mera solución.
-
Os participantes aportarán o material que consideren necesario na
resolución das probas (bolis, calculadora, regras, ...), xa que só
se lles facilitará papel DIN-A4.
-
Os gastos de desprazamento correrán a cargo dos participantes.
3.3 Fase Final Galega: O
obxectivo desta xornada é ter un día de convivencia e realizar as probas
individuais xunto con actividades de carácter máis lúdico. A esta fase
final acudirán 40 participantes seleccionados na Fase de Zona,
correspondéndolle a cada unha un número de prazas proporcional ó número
de participantes presentados en total.
-
Esta Fase terá lugar o
venres 22 de maio no Concello de Vigo segundo o horario que se xunta.
-
A organización desta fase corre a cargo de AGAPEMA , coa
colaboración da Consellería de Educación e O. U.,
do Concello de Vigo, do Centro Residencial Docente de Vigo
e do IES Manuel Antonio de Vigo.
-
O Xurado da Fase Final encargarase da valoración das probas e
designará os gañadores. O seu fallo é inapelable.
-
A corrección das probas realizarase asegurando tanto o anonimato
de cada participante como o do centro de procedencia. Non se fará pública,
en ningún caso, a puntuación obtida por cada participante.
-
Os gastos de desprazamento para participar na Fase Final Galega
correrán a cargo dos participantes.
-
Entregarase un diploma acreditativo a tódolos participantes da
Fase de Zona e da Fase Final Galega. Os tres participantes
individuais con maior destreza na resolución de problemas teñen a
opción de participar na final da XX OLIMPÍADA MATEMÁTICA NACIONAL
que terá lugar en Tenerife do 24 ao
29 de xuño de 2009. Á devandita final os
participantes irán acompañados por unha persoa da organización.
-
Os gastos de desprazamento e estancia na Fase Nacional dos alumnos
e alumnas da nosa Comunidade que resulten seleccionados correrán a
cargo da organización.
4. Interpretación: A interpretación
das presentes bases correspóndelle ao Comité Coordinador.
|