X OLIMPÍADA MATEMÁTICA GALEGA 2º ESO

SEDES DA FASE DE ZONA

A fase de zona da X Olimpíada Matemática Galega de 2º ESO terá lugar o venres 18 de abril e desenvolverase segundo o seguinte programa:

  • 10:30
    Recepción dos participantes: benvida e información do desenvolvemento das probas e da sesión en xeral.
  • 11:00
    Comezo das probas para o alumnado
  • 13:00
    Remate das probas

Os lugares de celebración da proba en cada zona son:

  • CORUÑA
    IES Ramón Otero Pedrayo.
    Av. Monelos, s/n 15008-A Coruña
  • SANTIAGO
    Escola de Maxisterio
    Av. Xoán XXIII. Santiago
  • FERROL
    IES Sofía Casanova
    Avda. Ramón y Cajal s/n    15403 Ferrol
  • OURENSE
    CEFORE Ourense
    r/ da Universidade, 18   32005-Ourense
  • LUGO
    "IES A Piringalla"
    rúa Angelo Colocci, s/n 27003- Lugo
  • VIGO
    IES do Castro
    r/ J. Gómez Posada Curros, 1 36203-Vigo
  • PONTEVEDRA
    CEFORE de Pontevedra
    r/ Celso Emilio Ferreiro 4, 36005 Pontevedra

Cada centro ten que presentarse na zona onde está inscrito.

A proba consistirá na resolución individual de 5 problemas. O alumnado disporá dun tempo máximo de dúas horas e poderá ir provisto de calculadora e material de debuxo (regra, ..). Na valoración dos problemas primará o método de resolución empregado, a súa orixinalidade, etc, por enriba da mera solución.

O alumnado deberá ir provisto do seu DNI e no seu defecto, do carné do instituto ou do transporte escolar para a súa posible identificación por parte da organización.

En cada zona seleccionaranse un número de participantes para a fase final proporcional o número de participantes nesa zona.

A lista dos 40 participantes na fase final será colocada nesta páxina web, http://www.olimpiadagalega.org , e comunicada só os centros con alumnado seleccionado.

Para calquera aclaración olimpiada2eso@edu.xunta.es