|
Non hai ningún procedemento xeral que poda aplicarse á resolución de
problemas, pero si é posible establecer algunhas indicacións útiles
na maioría dos casos:
-
Primeira e fundamental, ler atentamente os enunciados completos.
-
Organizar os datos separando o que coñecemos do que queremos coñecer.
-
Evitar facer suposicións. Os preconceptos e prexuizos son con
frecuencia as principais dificultades a hora de resolver un
problema.
-
Intentar relacionar o problema con algún problema similar.
-
No caso de problemas xeimétricos, debuxar un esquema da situación.
-
En problemas numéricos e alxébricos, asignarlle ós datos descoñecidos
valores e logo substituílos por números xerais (incógnitas).
-
Proceder por tanteo probando con distintas solucións e
posibilidades.
-
E, sobre todo, NON desanimarse. A paciencia e a perseverancia son
a mellor ferramenta na resolución de problemas.
|