VIII OLIMPÍADA MATEMÁTICA GALEGA 2º ESO 2005-2006

Organiza:
Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática
Colaboran:

Portal Educación

 Concello de Vigo

IES Manuel antonio

centro residencial docente de vigo
 

Co fin de promover a ensinanza e a aprendizaxe das Matemáticas a través da Resolución de Problemas e do traballo en equipo, organizada por AGAPEMA  e coa colaboración dos CEFORES, convócase a:

VIII OLIMPÍADA MATEMÁTICA GALEGA PARA O ALUMNADO QUE CURSA 2º DA ESO NA COMUNIDADE AUTONÓMICA DE GALICIA

 

BASES

1. Participantes: Poden participar todos os estudiantes dos centros educativos de Galicia matriculados en 2º da ESO no curso escolar 2005/06.
A efectos territoriais distínguense sete zonas: A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo.

Nesta súa 8ª edición, a Olimpíada Matemática Galega 2º de ESO está dirixida a todo o alumnado do 2º curso da ESO dos centros públicos e privados de Galicia. Cada Centro pode presentar á Fase de Zona dous participantes por cada unha das súas unidades (grupos-clase) de 2º da ESO (en casos excepcionais debidamente xustificados, a organización podrá permitir a presentación de máis de dous alumnos dunha mesma aula).

Os centros que desexen participar formalizarán, antes do 10 de marzo, a súa inscrición nesta páxina web ou comunicando por correo electrónico o número de grupos de 2º de ESO que van participar e o profesorado responsable da participación á dirección de correo electrónico olimpiada2eso@edu.xunta.es.

A comunicación cos participantes realizaráse, salvo que se indique o contrario na inscrición, a través do correo electrónico. Para calquera comunicación ca organización utilizar o correo electrónico olimpiada2eso@edu.xunta.es

2. Comité Coordinador:

  • O Comité Coordinador está constituído por membros de AGAPEMA.
  • En cada zona constituirase un Comité encargado de orientar a Fase de Centro e organizar a Fase de Zona.
  • O Comité Coordinador ten entre as súas funcións nomear o xurado da Fase Final Galega.

 

3. Fases da Olimpíada: A VIII Olimpíada constará de tres fases

3.1 Fase de Centro: Esta fase ten lugar en cada Centro que debe poñer en marcha, entre o seu alumnado, todo o proceso de adestramento na Resolución de Problemas tanto a nivel individual como colectivo e, ao remate do mesmo, enviar á Fase de Zona como máximo dous representantes por cada grupo de 2º da ESO (en casos excepcionais debidamente xustificados, a organización podrá permitir a presentación de máis de dous alumnos dunha mesma aula).

  • Antes do 4 de abril de 2006, cada centro comunicará os nomes dos participantes cubrindo a ficha que figurará nesta páxina web ou remitindo por correo electrónico a ficha que se xunta.

3.2 Fase de Zona: Cada Centro participará no lugar que designe a organización en función do número de participantes, procurando que os desprazamentos sexan o máis reducidos posible.

  • Terá lugar o venres, día 28 de abril, ás 10:30 h en tódalas sedes. O lugar comunicaráselles oportunamente aos centros participantes.
  • A proba consistirá na resolución individual de CINCO problemas, os mesmos en tódalas zonas. Na valoración dos problemas primará o método de resolución empregado, a súa orixinalidade, etc, por enriba da mera solución.
  • Os participantes aportarán o material que consideren necesario na resolución das probas (bolis, calculadora, regras, ...), xa que só se lles facilitará papel DIN-A4.
  • Os gastos de desprazamento correrán a cargo dos participantes.

3.3 Fase Final Galega: O obxectivo desta xornada é ter un día de convivencia e realizar as probas individuais xunto con actividades de carácter máis lúdico. A esta fase final acudirán 40 participantes seleccionados na Fase de Zona, correspondéndolle a cada unha un número de prazas proporcional ó número de participantes presentados na Fase anterior.

  • Esta Fase terá lugar o día 19 de maio no Concello de Vigo  segundo o horario que se xunta.
  • A organización desta fase corre a cargo de AGAPEMA , coa colaboración da Consellería de Educación e O. U. a través dos CEFORES, do Concello de Vigo, do Centro Residencial Docente de Vigo e do IES Manuel Antonio de Vigo.
  • O Xurado da Fase Final encargarase da valoración das probas e designará os gañadores. O seu fallo é inapelable.
  • A corrección das probas realizarase asegurando tanto o anonimato de cada participante como o do centro de procedencia. Non se fará pública, en ningún caso, a puntuación obtida por cada participante.
  • Os gastos de desprazamento para participar na Fase Final Galega correrán a cargo dos participantes.
  • Entregarase un diploma acreditativo a tódolos participantes da Fase de Zona e da Fase Final Galega. Os tres participantes individuais con maior destreza na resolución de problemas teñen a opción de participar na final da XVII OLIMPÍADA MATEMÁTICA NACIONAL que terá lugar en Extremadura  na segunda quincena do mes de xuño. Á devandita final os participantes irían acompañados por unha persoa da organización.
  • Os gastos de desprazamento e estancia na Fase Nacional dos alumnos e alumnas da nosa Comunidade que resulten seleccionados correrán a cargo da organización.

4. Participación do Profesorado: Ademáis de presentando alumnos e alumnas as diferentes fases, os profesores/as poderán participar enviando problemas orixinais para ser incluidos na páxina web á dirección de correo olimpiada2eso@edu.xunta.es

  • Entre todos os participantes sortearase un importante agasallo e, ademáis, premiarase o problema máis interesante.

5. Interpretación: A interpretación das presentes bases correspóndelle ao Comité Coordinador.

 

Para contactar: