Clasificados, e centros e grupos Participantes

 

 

VIII REBUMBIO MATEMÁTICO  

 

PARA 6º de EDUCACIÓN PRIMARIA

 

 

A Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática (AGAPEMA) na súa intención de establecer e manter vivo o contacto permanente cos Centros de Educación Primaria e co seu profesorado, especialmente co de Matemáticas, convoca por 8ª vez esta actividade coa finalidade  de contribuír á mellora da educación en xeral e do proceso de ensinanza - aprendizaxe das Matemáticas en particular.

 

Trátase dunha actividade que tenta fomentar o espírito cooperativo e de traballo en grupo. De aí a súa estructura e o seu desenvolvemento.

 

Seguimos a experimentar unha fórmula distinta das convencionais, pero para elo precisamos contar coa colaboración dos centros participantes e, especialmente, coa colaboración dos mestres e mestras.

 

Se queres saber un pouco máis do Rebumbio entra na  web

http://www.agapema.com

Nela atoparás as probas das edicións anteriores

Tamén atoparás información en http://www.edu.aytolacoruna.es

 

            Se tedes correo electrónico no Centro, fáinolo chegar, a través de viiirebumbio@agapema.com  porque nos facilitas a comunicación e resúltanos máis rápida e económica. 

Moitas grazas


 

VIII REBUMBIO MATEMÁTICO PARA E. PRIMARIA

Organiza

Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática

Patrocina

CONCELLO DE A CORUÑA

                            

Colabora

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Bases do  VIII REBUMBIO MATEMÁTICO 

 

1. LUGAR DE CELEBRACIÓN 

A Coruña 

  

2. PARTICIPANTES

A efectos de distribución territorial sinálanse sete zonas: A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo, tendo en conta que se conta coa colaboración directa dos CEFORES de Galicia.

 

O VIII Rebumbio Matemático está dirixido a todo o alumnado de 6º nivel de Educación Primaria dos centros educativos de Galicia. Cada centro pode participar con un equipo de tres alumnos por grupo (clase).

 

Os centros que desexen  participar formalizarán, antes do 7 de marzo, a súa inscrición preferentemente na páxina web www.agapema.com ou enviando por correo postal a ficha de inscrición-centro que se xunta co número de grupos- clase de 6º  de E. Primaria que van participar e o profesorado responsable da participación a:

 

 

A comunicación cos participantes realizaráse, salvo que se indique o contrario na inscrición, a través do correo electrónico. Para calquera comunicación ca organización utilizar o correo electrónico  viiirebumbio@agapema.com

3. FASES:

Fase de Centro:

Ten lugar no propio Centro. Nesta fase deben participar todos os alumnos de 6º do Colexio e dela debe saír un equipo de tres por cada grupo clase para acudir á Fase de Zona.

Nesta primeira fase o Centro ten total autonomía para desenvolvela; debe estar rematada antes do 29 de marzo e comunicados a AGAPEMA os datos dos integrantes do equipo seleccionado e mailos do Centro e profesor responsable, segundo a ficha de inscrición que se acompaña.

 

Fase de Zona:

Celebrarase no lugar que se designe en cada unha das zonas o 25 de abril, venres, ás 10:30 horas. Os datos dos integrantes dos 15 equipos seleccionados para ir á Fase Final así como os datos do Centro e os do profesor responsable de cada equipo deben estar en posesión de AGAPEMA antes do 10 de maio.

Cando nalgunha zona o número de equipos inscritos sexa inferior a tres, estes equipos poderán participar na zona máis próxima.

 

Fase Final:

Celebrarase no Forum Metropolitano da Coruña. Nela participarán os 15 equipos mellor clasificados e seleccionados proporcionalmente ó número de presentados en cada zona na 2ª fase. A non participación ou baixa dalgún equipo dunha zona implicará a súa substitución por outro equipo da zona da Coruña. A decisión do Comité Coordinador encargado de valorar as probas é inapelable.

 

4. DATA E HORARIO

A Fase Final terá lugar o día 30  de maio, venres, do 2008, de 10:00 a 18:00 h.

 

5. TRASLADOS

Os traslados desde o seu lugar de orixe ata o de celebración, tanto nas fases de zona como na fase final da Coruña, corren por conta dos participantes.

 

6. ACTIVIDADES A REALIZAR

Serán variadas que motiven ós participantes e alternándose as de tipo manipulativo coas de deducción e razoamento.

 

7. LEMBRANZA

AGAPEMA expedirá a todos os alumnos das fases de Zona e Final un diploma acreditativo da súa participación no VIII Rebumbio Matemático.

Os tres grupos que demostren maiores destrezas e habilidades matemáticas, ademais do diploma acreditativo, recibirán de AGAPEMA un recordo do evento.

 

8. ¿A ONDE HAI QUE DIRIXIRSE?

Por correo electrónico, mandando nun arquivo todos os datos a: viiirebumbio@agapema.com

A través das páxinas web: 

http://www.agapema.com                http://www.edu.aytolacoruna.es 

  Por correo postal a

VIII REBUMBIO MATEMÁTICO 6º E. PRIMARIA 

AGAPEMA

Apartado nº 4188. 

15080-A Coruña 

 

FICHA DE INSCRICIÓN DE EQUIPOS NO 

VIII REBUMBIO MATEMÁTICO

(Cada centro enviará a ficha de inscrición cos datos que se indican antes do 7 de marzo de 2008)

Suxírese copiar a ficha e pegala en word 

 

Nome do Centro:

 

Enderezo:

 

 

Tfno:                                       Fax:                            E-mail:

Mestre ou mestra de contacto:

 

Nome e apelidos:

 

Tfno:                                                  E-mail:

Número de equipos de tres personas (un por grupo de 6º) que participan:

Nomes dos alumnos:

 

Equipo nº 1:

APELIDOS

NOME

1

 

 

2

 

 

3

 

 

 

Equipo nº 2:

APELIDOS

NOME

1

 

 

2

 

 

3

 

 

 

Equipo nº 3:

APELIDOS

NOME

1

 

 

2

 

 

3

 

 

 

Equipo nº 4:

APELIDOS

NOME

1

 

 

2

 

 

3

 

 

 

Equipo nº 5:

APELIDOS

NOME

1

 

 

2

 

 

3

 

 

 

CALENDARIO DO VIII REBUMBIO

 

O REBUMBIO DÍA A DÍA ...

 

 

DATA

HORA

TAREFA

OBSERVACIÓNS

7 de marzo

 

Fin prazo inscrición e comunicación de equipos alumnos

Ficha con tódolos datos dos alumnos

29 de marzo

 

Remate da Fase Centro: 1 equipo x grupo clase á Fase de Zona

Comunicar equipo e nomes dos seus integrantes á F. Zona

25 de abril

10:30

Probas Fase de Zona

Utensilios alumnos

10 de maio

 

Cada Xurado de Zona envía participantes Fase Final

 

30 de maio

10:00

Fase Final

Utensilios alumnos

 

Comunicacións:

Por correo postal a:

VIII REBUMBIO MATEMÁTICO 6º E. PRIMARIA 

AGAPEMA

Apartado nº 4188. 

15080-A Coruña 

Por correo electrónico, mandando nun arquivo tódolos datos a: viiirebumbio@agapema.com