Olimpíada Matemática galega para 2º de ESO
PROBLEMAS FASE DE ZONA 2011
|
Problema 1 da fase de zona 2011: Pai e fillo |
|
En 1.999, no seu aniversario, Brais e o seu pai utilizan dúas velas con forma de número para representar a idade que cumpren. Ambos os dous utilizan as mesmas dúas velas, soamente que inverten a orde de colocación sobre a tarta para indicar a súa idade. Curiosamente, a idade do pai está representada nas dúas cifras finais do ano de nacemento do fillo e a idade do fillo coincide coas dúas cifras finais do ano de nacemento do pai. Sabendo que a diferenza entre eles é de 27 anos, que idade cumpre cada un?
|
|
Problema 2 da fase de zona 2011: Unha saída con dúas portas. |
|
O esquema representa un dos controis de saída duns grandes almacéns, o cal desemboca en dúas portas A e B. A xente accede a elas aleatoriamente. Se nun día accederon a ese control 750 persoas, indica o número probable de persoas que sairán por cada unha das portas.
![]()
|
|
Problema 3 da fase de zona 2011: O xardín de rosas |
|
O concello, no seu intento de humanización do barrio San Paio de Navia, quere deseñar un xardín. O proxecto presentado xoga con figuras xeométricas: catro circunferencias e un cadrado, colocados do xeito que aparece no debuxo. Na parte sombreada plantaranse rosas. Calcular a área na que se porán as rosas sabendo que os diámetros das circunferencias miden 30m?
|
|
Problema 4 da fase de zona 2011: Cadrados |
|
Temos un cadrado de lado 8cm. Formamos un segundo cadrado unindo os puntos medios de cada lado. E un terceiro unindo os puntos medios dos lados do segundo cadrado. E así sucesivamente. a) Calcula o lado, o perímetro e a área dos catro primeiros cadrados. b) Cales serán o lado, o perímetro e a área do cadrado nº 10?
|
|
Problema 5 da fase de zona 2011: Vaia tomate |
|
Que botes están marcados co prezo máis alto e máis baixo? Que marca resulta máis económica?
|