Olimpíada Matemática galega para 2º de ESO
PROBLEMAS FASE FINAL 2009
|
Problema 1 da fase final 2009: Un zoolóxico de cor topacio |
|
Explica de forma razoada o valor da letra A na palabra TOPAZ da imaxe, supoñendo que cada letra corresponde a unha cifra, e letras distintas serán cifras distintas: (ZOO)2 = TOPAZ |
|
Problema 2 da fase final 2009: Apostas |
|
Xosé e Paco xogan a tirar tres dados e calcular a suma do resultado. a) Escribe cales son os posibles resultados. b) Xosé aposta ó 9 e Paco ó 13. Cal ten máis probabilidades de gañar? c) Se ti estiveras xogando, a que número apostarías? Explica as túas respostas
|
|
Problema 3 da fase final 2009: Baldosas |
|||||||||||||||||||||||||
|
O deseño seguinte está formado por baldosas brancas e negras. A súa anchura é 5. a) Temos outro deseño cunha anchura 15. Cantas baldosas de cada cor terá? b) E se a súa anchura fose de 85? c) Para calquera anchura n, podes expresar o número total de baldosas?
|
|
Problema 4 da fase final 2009: Suma de produtos |
|
Definimos p(n) como o produto das cifras dun número natural n. Por exemplo: n=8 p(8) = 8 n=28 p(28)= 2·8 = 16 n= 298 p(298) = 2·9·8 =144 Calcula a) p(1)+p(2)+......+p(10) b) p(31)+p(32)+......+p(40) c) p(1)+p(2)+......+p(100) d) p(101)+p(102)+......+p(200)
|
|
Problema 5 da fase final 2009: Un círculo nun triángulo |
|
Nun triángulo equilátero de 4cm de lado temos inscrito un círculo. Podes calcular o seu raio |