Olimpíada Matemática galega para 2º de ESO
PROBLEMAS FASE FINAL 2007
|
Problema 1 da fase final galega 2007: Demasiadas abellas |
|
a) Cantos antecesores ten unha abella macho na duodécima xeración? b) Cantos deles son machos? Explica, en ámbolos apartados, a túa resposta.
|
|
Problema 2 da fase final galega 2007: Vaia lío de cubos |
|
A Catarina regaláronlle unha caixa de ladrillos de construción. Os ladrillos eran todos cúbicos, de 5cm de aresta, e enchían a caixa, que tamén era cúbica. Catarina construíu primeiro un cubo grande, e despois outro máis pequeno enriba, e logo outro aínda máis pequeno enriba do último. Cando acabou, ela era aínda máis alta ca súa torre e isto non lle agradou, pois xa empregara todos os ladrillos. Como era de alta a súa torre? |
|
Problema 3 da fase final galega 2007: A caixa forte |
|
A miña avoa, Luz Divina Só lembraba que o número tiña cinco cifras, que o primeiro era un 8 (que era o día que casara) ou un 9 (que era o día que finara o seu marido), o segundo e o cuarto eran números iguais, e o terceiro e o quinto eran impares. Cantas combinacións terei que probar para ter a seguridade de que vou abrir a caixa?
|
|
Problema 4 da fase final galega 2007: Paso a paso |
|
Pedro mediu o largo dun terreo situado no Centro Residencial Docente con pasos de 54cm. Partindo do mesmo sitio, Manuel mediu o mesmo terreo con pasos de 72cm. Quedaron marcadas un total de 61 pisadas, pero a veces a mesma marca correspondía a dúas pisadas, unha de Pedro e outra de Manuel. Cal é o largo do terreo?
|
|
Problema 5 da fase final galega 2007: O pin |
|
Os alumnos de 2º de ESO do IES Manuel Antonio deseñaron un PIN para recadar fondos para a excursión de fin de curso. O debuxo elixido foi o seguinte:
Se O PIN é un triángulo equilátero de 2cm de lado. Calcula a superficie da parte do PIN que vai en negro.
|