Olimpíada Matemática galega para 2º de ESO
PROBLEMAS FASE FINAL 2005
|
Problema 1 da fase final galega 2005: Moito dezaoito |
¿Cantos
números de catro cifras, rematados en 18, son múltiplos de 18?
|
|
Problema 2 da fase final galega 2005: ¿Triángulo raro? |
|
O cadrado ABCD ten os
lados de 10 cm. Se M é o punto medio do lado AD e N é
o punto medio do lado AB, ¿canto mide a altura do triángulo CMN tomando de
base o lado MN? |
|
Problema 3 da fase final galega 2005: Potencias de tres |
¿En
que cifra remata o número |
|
Problema 4 da fase final galega 2005: Comparando hexágonos |
Calcula
o cociente entre a área do hexágono pequeno e o grande, sabendo que os
dous son regulares. |
|
Problema 5 da fase final galega 2005: O solar de Farruco |
| Farruco,
xubilado duns 67 anos, tiña un solar coma o do plano, bastante ben situado
na Coruña, que llo mercaba unha constructora e que llo pagaba a 900 €/m2.
Antes de vendelo el quería calcular a área, pero debido á súa forma irregular parecíalle un tanto complicado.
A fórmula atopouna no vello caderno que aínda conservaba. Calcula ti a área do solar de Farruco sabendo que o plano da mesma está feito a escala 1:200 |