Ciclo de Cine Científico de AGAPEMA en Lugo

Exposición Escher en Lugo

Lugar: CFR de Lugo Data 13-11, horario das 19-20 h

Lugar: Pazo de Feiras, Data 7-11, horario das 18-19

Proxección de :

1. LOS PADRES DEL SUELO
Duración: 12 min
Ano: 2005
Produción: TV valenciana (España)
Resumo:
Os liques son os grandes descoñecidos e esquecidos da natureza. A cotío, confúndense con musgos, falsas coloracións ou equivocados procesos de putrefacción da madeira. Sen embargo, son responsables da creación do solo fértil.

3. EL JARDÍN VIVIENTE. OCULTOS BAJO EL SUELO

Duración: 30 min.
Ano: 2003
Producción: Kepry Films (España)
Resumo:
Poucos lugares do xardín fican tan ocultos ás nosas miradas como o subsolo. Poderiamos pensar que aquí, debaixo da superficie do solo, non hai máis que raíces e pedras. Sen embargo, algúns pequenos mamíferos e pequenos insectos escollen este escuro e húmido enclave para vivir ocultos baixo o solo.

Lugar: CFR de Lugo Data 14-11, horario das 19-20 h

Lugar: Pazo de Feiras, Data 6-11, horario das 18-19 h

Proxección de :

2. CALENTAMIENTO GLOBAL, UN PROBLEMA DEL TAMAÑO DEL PLANETA

Duración: 25 min.
Ano: 2005
Produción: ICE. Universidade de Zaragoza (España)
Resumo:
O programa relata o inmenso reto científico que supón intentar coñecer cal pode ser o futuro do planeta nas condicións actuais de verteduras de gases de efecto invernadoiro á atmosfera.

5. LOS LÍMITES DEL ESPACIO

Duración: 26 min
Ano: 2004
Produción: Creativos Multimedia (España)
Resumo:
Konstantin Tsiolovski, en 1903, dicía “O soño de onte é a esperanza de hoxe e a realidade de mañá”. Ese soño comezou a facerse realidade cos primeiros intentos de vos espaciais até chegar a conseguir facer realidade o maior soño do home: chegar á lúa.
O documental narra, cunha linguaxe actual e utilizando tanto imaxes históricas como imaxes creadas en 3D, aquel importante fito, brindando aos máis novos a oportunidade de coñecer aqueles momentos. Inclúe unha entrevista exclusiva con Aldrin, un dos astronautas do Apolo que pasearon pola lúa.

Lugar: CFR de Lugo Data 12-11, horario das 19-20 h

Lugar: Pazo de Feiras, Data 8-11, horario das 18-19 h

Proxección de :

10. TERREMOTOS
Duración: 12 min.
Ano: 2005
Produción: Cedecom (España)
Resumo:
A medición da intensidade e da frecuencia dos terremotos é a ferramenta principal para inventar a previsión e alertar ante as consecuencias destes imprevisibles elementos naturais.

11. SINFONÍA CELULAR

Duración: 24 min.
Ano: 2006
Produción: UAB-Smartplanet (España)
Resumo:
Dani pasou a noite estudando bioloxía en compañía do profesor Xavier. Soamente durmiu unhas poucas horas e as células invadiron os seus soños. Á mañá seguinte, esperta canso, con dor de cabeza e con temor de saber que ten que aprobar o exame de bioloxía... Dani e o profesor Xavier descóbrennos un mundo celular bastante diferente ao que estamos afeitos. Dinamismos, cor e vida bailan ao son dunha sinfonía de células que, como non, son as verdadeiras protagonistas.

Lugar: CFR de Lugo Data 15-11, horario das 19-20 h

Lugar: Pazo de Feiras, Data 12-11, horario das 18-19 h

Proxección de :

12. LAS ÚLTIMAS HOCES
Duración: 35 min.
Ano: 2005
Produción: UAB-Smartplanet (España)
Resumo:
Ao entrar no museo etnolóxico de La Font de la Figuera, aínda foi posible atopar aqueles personaxes que nos poden dicir moito sobre os obxectos recuperados. Alí, dous homes cargados de tempo recoñecen un pasado común e senten nese lugar unha emoción especial vendo as fouces que lles deu o avó.
Aos seus nove anos, o día que comezaron a segar como uns homes, lembran ese pasado de continuas sementes, incertas plantacións e duros traballos para recoller as últimas colleitas.

13. I WANT TO BE A PILOT
Duración: 12 min.
Ano: 2006
Produción: Diego Quemada, Kinetic Eye
Resumo:
Osmondi vive na cidade perdida más grande do este de África. Cada día ve avións voando por enriba del. Soña con ser piloto e voar a terras afastadas.

Lugar: CFR de Lugo Data 8-11, horario das 19-20 h

Lugar: Pazo de Feiras, Data 13-11, horario das 18-19 h

Proxección de :

4. APRENDIENDO EL JUEGO DE LA VIDA
Duración: 52 min
Ano: 2005
Produción: Explora Films (España)
Resumo:
Sobrevivir no mundo esixe coñecer minimamente as regras do xogo da vida. Algunhas destas regras son un agasallo da herdanza de millóns de xeracións anteriores, pero moitas outras debemos aprendelas no transcurso da nosa vida.

Lugar: CFR de Lugo Data 6-11, horario das 19-20 h

Lugar: Pazo de Feiras, Data 15-11, horario das 18-19 h

Proxección de :

7. EL SENTIDO DEL DESLIZAMIENTO
Duración: 51 min.
Ano: 2005
Produción: CNRS Images (Suiza)
Resumo:
Este documental, realizado no marco do ano mundial da Física 2005, explica o fenómeno físico dos deportes de deslizamento.

8. LOS MISTERIOS DE LA ELECTRICIDAD
Duración: 24 min.
Ano: 2006
Produción: UNAM (México)
Resumo:
Unha introdución á Física moderna e ao papel da Física no mundo contemporáneo con especial atención á invención da electricidade.

Lugar: CFR de Lugo Data 7-11, horario das 19-20 h

Lugar: Pazo de Feiras, Data 14-11, horario das 18-19 h

Proxección de :

6. LAS AVENTURAS DE TRONCHO Y MONCHO

Duración: 16 min
Ano: 2005
Produción: Ángel González (España)
Resumo:
As aventuras de Troncho (o “pasota”) e Poncho (o “empollón”) explican, a través dos seus personaxes, a necesidade dos números enteiros e a linguaxe alxebraica. A serie animada consta de dous capítulos de oito minutos cada un.

9. FÍSICOS FORENSES: CIENTÍFICOS Y DETECTIVES

Duración: 30 min.
Ano: 2005
Produción: El Oso Producciones (Arxentina)
Resumo:
Na resolución de casos policiais interveñen expertos en diversas disciplinas: avogados, médicos, xuíces, peritos en pegadas dactilares... Cando non se pode responder algún interrogante, acódese a outros especialistas menos coñecidos como os físicos.

 

Co patrocinio e a colaboración de